Unha viaxe gratis en 3D sobre Galicia | Chismes varios | Scoop.it
Os máis curiosos xa coñecen a ferramenta que Google ofrece para observar o territorio en tres dimensións. Non en tanto, segue sendo descoñecido para outros. Sen erguerse da cadeira, os internautas xa poden voar en tres dimensións por riba de toda Galicia. O mapa interactivo de Google Earth ofrece unha radiografía do relevo e, desde hai un tempo, incorpora os perfís das sete cidades galegas (Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol) e outras vilas como Vilagarcía, Betanzos ou Moaña.