ABANCA permite pagar co móbil dende calquera smartphone Android con NFC | Chismes varios | Scoop.it

O novo servizo de carteira dixital está dispoñible de balde na aplicación de pagos de móbil a móbil da entidade financeira, ABANCA Pay (para Android). Poderase asociar calquera tarxeta VISA ou Mastercard, de crédito ou débito, de ABANCA. Tamén se incorporou a esta aplicación a funcionalidade de Masterpass, un novo medio de pago para facer compras na Internet a través do móbil, tableta ou ordenador.